Description
Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto dobosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece. O veciñomáis próximo é un apicultor rabudo que non quere que ninguén se achegue ás súascolmeas, a nova escola tampouco é como esperaba: está farta de soportar o acosoe as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto e por ser máisintelixente ca todos eles. Coa inesperada aparición dunha amiga invisibleintentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seucamiño.
Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación paraenfrontar problemas reais.






Reviews
There are no reviews yet.